A Familia Caamagno vai de estreno
Noticias / Familia Caamagno

A Familia Caamagno vai de estreno

Redacción — 07-02-2014
Fotografía — Archivo

Presentan seu novo disco en Santiago xunto aos madrileños Yakuzas.

“Hai que ir cos tempos” (Lixo Urbano, 2014) e o nome do novo traballo feito polo grupo de Sigüeiro (A Coruña) onde, do mesmo xeito que nas suas anteriores grabacións, abondan ritmos cheos de vitalidade e retrouxos extra-adherentes que fan da sua proposta unha das máis excitantes e divertidas que pódense atopar a día de hoxe enriba dun escenario,  emparentada  coas de outras bandas como Las Aspiradoras, Los Guajes, Wau y los Arrrghs!!!, ou os mesmos Yakuzas cos que comparten o concerto de  hoxe na sala Capitol.
As seis cancións que conforman o disco foron grabadas nos estudios Circo Perroti de Xixón xunto a Jorge “Explosion” quen fixo unha espléndida labor dándolle pulo a istas seis pezas, cinco orixinais e unha versión do “Poison Ivy” de Leiber & Stoller, que contan historias inspiradas no cine serie B, persoaxes de comic, e outras lerias fundamentais se falamos de Rock and Roll.

Lo siento, debes estar para publicar un comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.