“O Bule Bule” reivindicación e festa.
Noticias / Galicia

“O Bule Bule” reivindicación e festa.

Redacción — 29-04-2013
Fotografía — Archivo

A noite do 16 de maio terá lugar na compostelana Sala Capitol a presentación do “O Bule Bule. Son dos Chifános”

O festival impulsado polas productoras I-Radia Crea e En Panties Producciones qxurde coa intención de celebrar a festividade das Letras Galegas e homenaxear ao escritor Roberto Vidal Bolaño, de quen toman o título dunha das suas derradeiras obras – “A noite que os chífanos deixaron de zoar”- pra darlle nome ao evento. Pra iso presentaránse no escenario tres formacións caracterizadas polo seu compromiso co idioma propio, a lingua galega, e o universal, a música: A Banda Crebinsky, unha pequena orquestra creada para poñerlle música a banda sonora da película “Crebinsky”, aporta a sua enérxica mestura de música clasica, rock, jazz e folk mentres que Os Da Ría mostrarán a ritmo de festa suas letras acedas cheas de sentido do humor. Co “rock do país” dos veteranos Ruxe Ruxe, en activo dende 1996, completarase o mosaico de estilos presentes nesta primeira cita do festival.

Lo siento, debes estar para publicar un comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.