"As alegrías", tercer disco de Linho do Cuco
NoticiasLinho Do Cuco

"As alegrías", tercer disco de Linho do Cuco

Redacción — 30-04-2013
Fotografía — Archivo

Nove cancións que amosan novas perspectivas na música tradicional

Antes da invansión das megaorquestras o son dos días de festa na Galicia do interior foi o das gaitas, bombo, caixa e acordeón que sen máis artificios facían soar os veciños das aldeas dende a mañá ata o anoitecer. Eses latexos de ledicia que acompañaron aos nosos devanceiros están hoxe máis vivos que nunca en “As Alegrías” ((A Central Folque, 2013), terceiro disco de Linho do Cuco.

A iste octeto das terras do Deza (Pontevedra) non lle treme o pulso a hora de vestir con novos arranxos instrumentais composicións da sona do “Pousa”, eiqui titulada “As Amazonas de Veracruz”, cun resultado abraiante que fai imaxinar un encontro entre a Charanga de O Cuco de Velle coa Penguin Cafe Orchestra.

Lo siento, debes estar para publicar un comentario.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.